Bases sorteos experiencias pet friendly en Ferrolterra
"Vén descubrir o paraíso"
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol (en diante, Ferrolterra), domiciliada na praza de Armas, s/n e con con NIF P-1500002-I , realizará unha promoción no Festival Pata Pata, unha feira dos animais de compañía e turismo pet friendly, que terá lugar na Coruña os días 10 e 11 de maio.
A promoción rexerase polas seguintes
Bases
Primeira: Obxecto da promoción
Promover Ferrolterra como destino turístico para as familias multiespecie.
Segunda: Duración da promoción
O período promocional limítase unicamente aos días 10 e 11 de maio de 2025.
Terceira: Ámbito xeográfico
A promoción está dirixida unicamente ás persoas que participen depositando o boleto na urna do stand que Ferrolterra terá no festival Pata Pata e que estean presentes nos actos de sorteo os días 10 e 11 de maio de 2025.
Cuarta: Ámbito persoal
Terán dereito a participar todas aquelas persoas maiores de idade que cumpran os requisitos das presentes bases.
Quedan excluídos desta promoción as empregadas e empregados de Ferrolterra, así como as persoas directamente vinculadas coa organización, protocolización e xestión da promoción e, en xeral, as persoas xurídicas
Quinta: Requisitos para participar
Poderán participar na promoción todas aquelas persoas que os días 10 e 11 de abril de 2025 depositen o boleto de participación cuberto na urna que estará situada no stand Ferrolterra para ese fin.
Sexta: Premios.
Asignaranse dous gañadores e o premio consistirá nunha experiencia turística pet friendly para dúas persoas en Ferrolterra. Sortearase un premio o día 10 e outro o día 11.
Premio día 10 de maio. Experiencia en Ortegal: estancia para dúas persoas en réxime de aloxamento e almorzo nun cuarto dobre no Castaño Dormilón e un paseo privado en veleiro por Ortigueira con Queres Ver?
Premio día 11 de maio. Expericiencia en Ferrolterra e Eume: estancia para dúas persoas en réxime de aloxamento e almorzo nun cuarto dobre no Pazo Libunca, en Narón, e experiencia no Labirinto de Breoghán, en Vilarmaior.
En cada experiencia poderase ir en compañía dun máximo de dúas mascotas.
O premio poderase gozar ao longo do ano 2025 e estará suxeito á dispoñibilidade das empresas.
Non se inclúen os gastos de desprazamento. Calquera outro gasto adicional distinto dos conceptos incluídos no premio e relacionado co premio será sufragado pola persoa gañadora.
A promoción está limitada a un máximo dun premio por persoa, aínda que é posible participar tantas veces como se queira.
Ferrolterra non se responsabiliza polo uso do premio que o agraciado ou agraciada poida realizar.
En ningún caso se poderá trocar o premio polo seu valor en metálico, nin por outro premio distinto, nin este poderá ser cedido a terceiras persoas a pedimento do gañador.
Ferrolterra resérvase o dereito a substituír o premio por outro análogo de mesmo ou superior valor en caso de forza maior.
Sétima: Mecánica da promoción
Para poder participar é necesario cubrir e depositar o boleto de participación na urna situada no stand Ferrolterra de Pata Pata 2025.
Os datos que hai que facilitar son os seguintes: nome, apelidos e número de teléfono.
Estes datos unicamente se utilizarán para localizar a persoa gañadora no momento do sorteo e facerlle a entrega simbólica do premio.
Oitava: Determinación das persoas gañadoras
Os sorteos realizaranse publicamente durante o festival Pata Pata: un o día 10 e outro o día 11 de maio de 2025. A hora do sorteo farase pública ao longo do día no propio recinto do evento.
Só poderán resultar gañadoras aquelas persoas cuxo boleto fose seleccionado aleatoriamente e que estean presentes durante o sorteo. De non ser así, procederase á extracción doutros boletos ata que apareza unha persoa gañadora presente.
Tras lles adxudicar o premio ás persoas gañadoras, requiriráselles información para poder completar a reserva da súa experiencia.
Novena: Difusión da promoción
A promoción, que se difundirá no propio stand de Ferrolterra e a través das redes sociais, poderá ser tamén motivo de noticia nos medios de comunicación.
Décima: Tratamento dos datos persoais
As persoas participantes na promoción consenten inequivocamente que, en caso de resultar gañadores, o seu nome, apelidos e fotografía do acto de entrega poidan ser comunicados a terceiros mediante a súa difusión a través dos medios que Ferrolterra estime convenientes.
Os datos de carácter persoal das persoas participantes nesta promoción serán tratados de acordo co establecido no Regulamento (UE) 2019/679, do 27 de abril de 2016, xeral de protección de datos, e consonte a lexislación nacional aplicable no momento da promoción.
Os boletos non premiados serán destruídos inmediatamente e só se manterán os boletos e os datos das persoas agraciadas.
A negativa a proporcionar os datos cualificados como obrigatorios implicará a imposibilidade de participar na promoción ou de acceder ás prestacións para os que foron solicitados.
Décimo primeira: Persoas gañadoras
As persoas participantes agraciadas deberán confirmar a súa aceptación no momento da entrega do premio e permitir a comprobación dos seus datos persoais.
É obrigatorio que os gañadores cubran os datos persoais e fiscais, xa que estes son necesarios para a entrega dos premios. A ausencia de calquera dos devanditos datos supoñerá a perda do dereito ao premio obtido
Décimo segunda: Causas de descualificación da promoción
Esta promoción organízase coa pretensión de promover Ferrolterra como destino turístico para as familias que conviven con mascotas.
Ferrolterra excluirá automática e inmediatamente desta promoción a calquera participante que transgrida as normas da boa fe, que presente unha conduta inadecuada, que empregue medios fraudulentos ou que incumpra estas bases nalgún dos seus extremos.
Calquera anomalía atribuíble a un participante que impida, altere ou perturbe o normal desenvolvemento da promoción, que afecte ou prexudique a calquera outro participante, que poida falsear os datos de participación, que comprometa a seguridade ou a fiabilidade dos sistemas utilizados para o seu desenvolvemento ou que contraveña dalgún outro xeito estas bases dará dereito a Ferrolterra a excluír unilateral e inmediatamente o devandito participante e a dar conta dos feitos ás autoridades competentes.
No caso de que as irregularidades se detecten con posterioridade á entrega efectiva dalgún dos premios, Ferrolterra resérvase o dereito de exercitar as accións legais pertinentes contra o seu autor ou responsable e, entre estas, cabe a devolución dos premios.
Décimo terceira: aceptación das bases.
A participación na promoción implica a aceptación das presentes bases por parte das persoas interesadas.
En Ferrolterra, maio de 2025