Refuxio de Mougá

O refuxio de animais de Mougá é un centro dedicado a acoller animais domésticos que precisan unha nova familia, un novo fogar. Dá servizo as 24 horas do día durante todo o ano para atender e recoller animais domésticos que están perdidos ou abandonados.

O refuxio está legalmente autorizado para a tramitación de adopcións. Podes consultar aquí os animais dispoñibles para adopción.

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol —integrada polos concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño— coordina este servizo co obxectivo de velar polo cumprimento da normativa vixente en materia de protección animal e dar resposta ás necesidades en toda a comarca.

Se ves un animal deambulando sen a presenza dos seus titores, por favor, chama ao 112 ou á Policía local para que o refuxio o poida recoller.

Se se extraviou o teu compañeiro ou se desexas incrementar a familia mediante a adopción, podes poñerte en contacto co refuxio ou achegarte a visitalo nos horarios de atención ao público.

Cómo chegar ao Refuxio de Mougá

Horarios de visita: de luns a venres de 09:00 a 19:00 e os sábados de 09:00 a 14:00

Click aquí para obter a ruta de acceso en Googe Maps

(+34) 881 009 506

refuxiodemouga.gal

refuxio@ferrol.es

¿Máis info? Visita a web da Mancomunidade